
Na tardiña de hoxe luns día 21 de marzo na Sala de Tertulia da Entidade liceísta, a Sección de Literatura do Liceo celebrou o Día Mundial da Poesía adicado nesta ocasión a poesía galega contemporánea e a Lois Pereiro, a quén se lle adica no presente ano do Día das Letras Galegas. Coa presencia de case que un centenar de alumnos e alumnas dos Institutos Otero Pedrayo, Celanova, Blanco Amor, A Carballeira que recitaron poemas dos autores Xela Arias, Luisa Castro, Manuel Rivas, Pilar Pallarés e Lois Pereiro.O acto foi introducido conducido por Teresa Devesa Grañá. Gracias a todos pola vosa participación, en especial os mestres que acompañaron os rapaces.

1 comentario:
Graciñas a todos os alumnos e profesores pola vosa participación.
Publicar un comentario