jueves, 29 de octubre de 2009

XORNADAS MANUEL CHAMOSO LAMAS-VISITA TERRAS DE BOBORAS



A Sección de Arte de Historia do Liceo continua coa sua labor de dar a conocer o Patrimonio da nosa Provincia, e ademáis coma neste caso a recoñecer e recordar a aqueles que o fixeron antes que nos, e que agora nos permiten disfrutar das maravillas que temos nas nosa terra.



Por iso este ano no que se celebra o Centenario do nacemento de D. Manuel Chamoso Lamas, a Sección de Arte e Historia do Liceo quereo lembrar cunhas Xornadas que se iniciaron precisamente coa Visita polas terras de Boborás, as que el tanto amou e defendou.

A primera parada desta tarde outoñal, foi a Igrexia de San Julian de Astureses, verdadeira xoya do Románico rural, declarada Monumento Histórico-Artístico no ano 1946.










































A seguinte visita levounos a Igrexia de Santa María de Xuvencos.




























































Para rematar este periplo de Boborás, e xa coa chegada da noite visitamos a Igrexia de San Mamed de Moldes, tamén Monumento Nacional. Nesta pequena aldea de Boborás coinciden varios ilustres da nosa cultura, o propio Manuel Chamoso Lamas, que está soterrado no cimiterio desta parroquia, e que ten eiquí a casa onde el viviu. Ademáis neste fermoso lugar, e ten a súa capela dentro da Igrexia de Moldes, e continúa tendo o Pazo a familia de Antón Losada Dieguez.














































































































































Por último, fixemonos a foto de grupo diante da casa de Manuel Chamoso Lamas. Queremos deixar constancia do noso agradecemento a D. Marina Boa Banga, que nos abriu a dúas Igrexias de Moldes, e nos atendou con moita amabilidade, e cun interese co que en poucas ocasións nos atopamos, Gracias Marina. Oxala houbese moita xente así que defendese o seu coa enerxía que vostede o fai.




viernes, 16 de octubre de 2009

PRESENTACIÓN LIBRO DE XESÚS ALONSO MONTERO



Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948).


O pasado día 5 de outubro tivo lugar na Aula de Cultura do Liceo a presentación da última obra do Profesor Xesús Alonso Montero.
Xesús Alonso Montero recolle neste libro cento vinte cartas de republicanos galegos escritas despois de que recibiran oficialmente a noticia de que foran condenados á pena de morte. É o momento en que algúns deciden despedirse, por escrito, dos seus: dos pais, dos irmáns, da muller, da noiva, dos amigos... Nalgúns casos, especialmente entre comunistas, do Partido. Ningún xénero literario expresa con máis emoción o drama da Guerra Civil (e das súas consecuencias) que este tipo de cartas escritas polos republicanos nun momento en que toda esperanza estaba perdida. Hai, ademais, despedidas que son especialmente conmovedoras, e outras, dun certo nivel literario, e todas, e cada unha, un documento histórico que nos fai deplorar as que xa se perderon para sempre e as que, por torpeza ou incuria nosa, aínda non foron exhumadas. Un libro clave no proceso de construción da memoria republicana de Galicia que, ademais, constitúe o primeiro corpus epistolar deste xénero, territorio e período que se publica.














EXCURSION SOCIAL A PENEDA


" CUMPLINDO UNHA TRADICION"
Xa é unha tradición que os Socios do Liceo o iniciar o curso cada ano viaxen ata o País veciño para comer o bacallao portuges. Nesta ocasión o noso destino foi o Santuario da Nossa Señora da Peneda e Arcos e Valdevez. Ainda que a nosa primeira parada tivo lugar en "Castro Laboreiro" para disfrutar das paisaxes da serra que leva este nome.
Un día esplendido do que os 100 excursionistas disfrutamos artística, paisaxistica e gastronómicamente, de maneira plena e chea de amizade.