martes, 23 de junio de 2009

EXCURSION DO LICEO "OS ANCARES"

O Liceo rematou o Curso da Sección de Arte Historia e a Sección de Sendeirismo, cunha Excursión Os Ancares lugueses, nun día longo, caluroso, pero que nos veu "o pelo", para a nosa visita. Empezamos o día no Cebreiro, inicio do Camiño de Santiago en Galicia, cunha visita e a misa no Santuario de Santa María La Real. Despois comemos na Casa Rural "Carolo", por certo moi ben, gracias por todas as súas atencións.











Despois do Xantar, comenzamos a nosa viaxe pola Serra dos Ancares, cun percorrido complicado para os autobuses, pero gracias a pereicia de Angel e Oscar de Camino Bus, disfrutamos, por unha estrada chea de curvas, da impresionantes paisaxe dos Ancares ata chegar o Piornedo.



Unha vez chegados a O Piornedo demos un paseo pola aldea para visitar as súas famosas "pallozas", que serviron de vivenda dos lugareños ata os anos 70.














Para rematar a nosa visita Os Ancares, regresamos por Navia de Suarna, e despois de un pequeno descanso de tanto autocar, regresamos a Ourense. Un día espectacular, no que gozamos sobre todo da paisaxe destes paraxes impresionantes.






lunes, 22 de junio de 2009

"NOVO SOCIO DE HONRA": MARCOS VALCARCEL


O pasado xoves O Liceo celebrou un acto cheo de emotividade no que se facía público o nomeamento de Socio de Honra a Marcos Valcárcel López, Director da Sección de Literatura do Liceo.
A Sala de Cultura da Entidade quedou pequena para acoller nunha tarde de moito calor a todos os amigos do noso querido Profesor, o que ademáis os amigos entregaron o Libro "Marcos Valcárcel: O Valor da xenerosidade. Homenaxe dos Amigos".






















































jueves, 11 de junio de 2009

MARCOS VALCARCEL SOCIO DE HONRA DO LICEO







CONFERENCIA DE BASILIO LOSADA NO LICEO




Extraordinaria a Conferencia que pronunció o Profesor Basilio Losada no Liceo falando do bo amigo Ramón Piñeiro e a súa prolifica relación a través das moitas cartas que se cruzaron. A presentación correu a cargo de Xosé Carlos Caneiro, quen estivo moi afectivo e cunha extraordinaria altura literaria.

DIARIO DE OBRAS

Ainda que non escribimos as obras van chegando o final, polo menos da primeira parte, a madeira de chán xa está colocada, e pronto barnizarán. O certo e que é maravilloso ver como queda. Faltán algunas cousas para todo vai moi ben.