lunes, 26 de diciembre de 2011

jueves, 22 de diciembre de 2011

INAUGURACION "BELEN NO LICEO" DA ASOCIACION DE BELENISTAS



O pasado día 21 de decembro inaugurabamos o "Belen no Liceo" deste ano 2011, construido pola Asociación de Belenistas de Ourense, (http://www.asocbelenourense.org/), como xa ven sendo habitual, coa presencia de moitos socios de ambas institucións, especialmente nenos, nun acto no que tamén interviu a Coral do Liceo. Mención especial é a colaboracion nesta edición, neste acto, da Asociación Anaco de Ourense. (http://www.wix.com/cavaher/asociacion-anaco). FELIZ E BO ANO 2012.

















































































































































































































miércoles, 21 de diciembre de 2011

RUTA DO BARALLETE - II PARTE - LUINTRA




PERCORRIDO:
Eiradela
-
Liñares
-
Nogueira de Ramuín.
8 Kms. Dificultade: Media-Baixa.

Nogueira de Ramuín
-
Pacios
-
Lamaforcada
-
Luintra.
6 Kms. Dificultade: Media-Baixa.

Percorrido total : 14 Kms. 3' 30 horas.
Dificultade: Media- Baixa.











































































































martes, 13 de diciembre de 2011

ACTO EN RECORDO DE MARCOS VALCARCEL

Na tardiña de onte, 12 de decembro de 2011 celebramos no Liceo o aniversario da derradeira viaxe dun amigo, cun acto en recordo de Marcos Valcárcel. Dende o Liceo queremos agradecer a todos os que participaron nel, coa súa intervención ou coa sua presencia.

Un acto o que un ananquiño tamén o dedicamos a dous compañeiros de viaxe, de aquí e de alá, e bos amigos de Marcos, Pepe Trebolle e Benito Losada.

Interviron Caetano Díaz, Periodista, amigo, e Director de Galicia Hoxe, onde Marcos publicaba dende a Palabra e dende o Corarón a súas "andoliñas".

Bieito Iglesias, compañeiro de andanzas persoais, literarias, os que comparten literatura, paixóns, e sobre todo comparten o seu amor por Ourense.

Xesús Alonso Montero, Profesor, guía en moitas cousas de Marcos e tamén do Liceo.

María do Ceo a que lle agradecemos de todo corazón a súa voz, a súa música, e a súa amizade, que nos acompañou con seu marido a guitarra.

E por supusto María, Maria Xose Picouto, que coa emoción contida nos leu un texto da súa autoría que fixo para esa derradeira viaxe, aló no fin da terra, en Fisterra.
























































































































lunes, 28 de noviembre de 2011

VISITA CULTURAL TERRAS DE AMBIA - BAÑOS DE MOLGAS - OS MILAGROS - MACEDA



A última excursión cultural deste ano 2011, para deixar que pasa un pouco o frío do invierno, levounos ata terras de Ambía, Baños de Molgas, O Santuario dos Milagros, e Maceda. Un día precioso, moi soleado dende a maña ata a noite, que nos permitiu disfrutar das paisaxe oitoñais tan carácteristicas da nosa provincia, como tamén dan grandeza patrimonial desta parte sur de Ourense, tan pouco explotada turísticamente.



Como xa dixemos a nosa primeira parada foi na Colexiata de Xunqueira de Ambía. Expectacular e grandiosa coma sempre.









A nosa seguinte parada era Santa Eufemia de Ambía, unha desas pequenas xoias do século X, que quedan no noso alrededor.


















Seguinte destino Baños de Molgas onde visitamos a súa igrexia, e o Balneario da mán de D. Eduardo Laherran, do que tivemos a fortuna que nos acompañara neste día, él que dirixio durante tantos anos o Balneario de Baños de Molgas, Municipio do que tamén foi Alcalde. Tamén ben Baños de Molgas visitamos o Museo de Moncho Borrajo, que sinceiramente e digno de visitar, cunha moi boa colección de arte contemporáneo, e cunha colocación e diseño perfecto.

















































Logo tivemos a Misa no Santuario dos Milagros.

































Para despois comer un mágnifico cocido preparado pola xente do amigo Paco, no restaurante dos Milagros.

















A primeira visita da tarde foi xa en terras de Maceda no pobo de Almoite.

































































As nosas derradeiras visitas foron o Castelo do Señores de Maceda e a Igrexia de San Pedro, tamén coñecida como a Igrexia Vella de Maceda.


























































































Co solpor regresamos a Ourense, despois de difrutar dun maravilloso día, onde unha vez máis esta pequena familia que é o Liceo convivimos e exercemos a amizada entre todos. Non queremos rematar esta crónica da visita a Terras de Ambía - Baños de Molgas - Maceda sen agradecer a todas aquelas personas que de un xeito ou outro fixeron posible esta xornada. Apertas para todos.