lunes, 25 de febrero de 2008

ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS


Cronica dunha viaxe a Peninsula do Morrazo


Nove e media da maña dun domingo chuvioso, propio da nosa Galicia, arrincamos oitenta liceistas cara a ría de Vigo, a primeira parada "Colegiata de Cangas", é a gran xoya artística do Municipio de Cangas. A maior parte da sua construcción data do século XVI, ainda que se cree que o primitivo templo remontase ao menos un século máis atrás. Durante casi 500 anos viviuo modificacións e aportacións de cada época e estilo.
Tempo para repoñer forzas, de camiño de Cabo do Home, un deses espacios de Galicia, con encanto feiticeiro, onde se acaba o mundo, segue a choiva, que fai do lugar aínda máis misterioso.























Volta a sobre os nosos pasos, e chegamos a Hío, o primeiro que atopamos e O Cruceiro de Hío unha das grandes maravillas do patrimonio etnográfico de Galicia. Está tallado casi na sua totalidade en un so bloque de granito polo maestro Cerviño no ano 1872. Na propia igrexía Parroquial celebramos a Misa, e logo a repor forzas no Restaurante Pereiro, onde comemos moito, e ben.

















Pola tarde, viaxamos ata Marín, onde moi amablemente no atenderon na Escola Naval Militar, cunha visita moi interesante, especialmente detacable é o pequeno Museo. Una anaco de tempo para pasear por Marín e tomar un café, xa sin choiva, e volta para Ourense. Un día moi aproveitado, feliz, onde a familia liceista volveu a demostrar a amizade, e as ganas de conocer a nosa terra, para defendela e coidala.



miércoles, 13 de febrero de 2008

lunes, 4 de febrero de 2008

Os liceistas máis novos manteñen o espiritu do Carnaval
















Os liceistas máis novos manteñen vivo o Carnaval no Liceo, a xa tradicional "Festa Infantil de Carnavales", celebrase arestora con gran éxito, máis de quinientos nenos, a base dos novos socios do Liceo, festexan a Don Carnal.

viernes, 1 de febrero de 2008

AS PORTAS DUNHA NOVA EDICIÓN DOS XOVENES INVESTIGADORES







A fidelidade coa que ano tras ano "EL LICEO DE OURENSE", acolle, alenta e eficazmente realiza o ciclo de xóvenes investigadores é en primeiro lugar sinal da seriedade da Institución e da xenerosidade dos seus dirixentes e de todos os liceístas.
Alguén falou de que hoxe hai unha cultura da non escoita, non escoitar é desinterese e egoísmo e por outro lado que importante, sanante e estimulante é que alguén nos escoite. Cando alguén traballa, pensa, escribe, reflexiona e quere decirnos algo, regalarnos o que sabe é precioso querer escoitar, porque escoitar é unha maneira de agradecer e de animar.

Pero ademáis é intelixente escoitar, porque escoitar é a antesala do saber e saber algo máis do que sexa, nos enriquece.
Por eso perseveramos neste ciclo co desexo de que ao menos os liceístas o arroupen coa sua presenza e co seu interés.
Quen agradece e anima fai mellor o mundo e é bonito que así sexa costando a veces tan pouco.
"El LICEO DE OURENSE", agradecelle os xóvenes que iste ano están no programa a sua disponibilidade, agradece o Arquivo da Catedral que siga contando co Liceo, agradece a Delegación Provincial da Consellería de Cultura que colabore con nos a facer posible esta feliz costume de cada febreiro, onde os máis xóvenes toman a palabra para que os escoitemos.