jueves, 24 de junio de 2010

EXCURSION O COUREL



O comenzo do verán, e o final do Curso do Liceo, da súas Seccións de Arte e Historia e de Sendeirismo, levounos ata a Serra do Courel, nun día magnífico, percorremos estas terras courelans, onde habitou Anxel Fole ou Uxío Novoneyra.
A nosa primeira parada foi en A Cruz do Incio para un pequeno descanso e visitar a Igrexia de O Hospital, unha das grandes marabillas de Galicia, das mellor coidadas e gobernadas. Obra prima do Románico. a Igrexia DE SAN PEDRO FIZ DE HOSPITAL , séculos XII-XIII. Di a lenda que o demo a construíu nunha soa noite. Forma parte dun conxunto monumental construído pola orde militar de San Juan de Jerusalén.








































Dende Hospital iniciamos a nosa viaxe paisaxistica polo Courel nuha viaxe de aproximadamente duas horas de autobus que nos levou ata Folgoso do Courel, disfrutando da beleza desta marabillosa terra.









Na metade do camiño encontranse a aldea de Seceda, ben rehabilitada, ofreceunos un alto para descansar de tanta "curva".


















































































A Folgoso do Courel chegamos en boa hora para o xantar que nos deron no Restaurante "Mirador", con moita amabilidade, con moita abundancia, e moi, moi rico, graciñas as xentes do Mirador, da gusto e recomendase.












































Despois do xantar achegamonos ata a Aldea de Froxan, declarada B.I.C. Ben de Interese Cultural, un paseo por Froxán ben merece a pena.

















































































































































Dende emprendemos viaxe de volta hacía Ourense, nun día cheo de felicidade polas visitas, a paisaxe, e sobre todo pola amizade e a convivencia entre todos os excursionistas. Felicidades a todos e feliz verán. Ata o Outuno que seguiremos a viaxar.

martes, 8 de junio de 2010

ROMERIA DA FEDERACIÓN GALEGA DE CÍRCULOS E CASINOS CULTURAIS EN SANTIAGO

Con un pouco de retraso ai vai a crónica da Romería da Federación Galega de Círculos e Casinos Culturais que tivo lugar o domingo 30 de maio en Santiago de Compostela para gañar o Xubileo, asistiron mais de cincocentos asociados de varias das Sociedades de Galicia, entre elas como non os Socios do Liceo de Ourense. A Romería rematou en Padrón cunha comida de confraternidade no Hotel Scala.
Este é o listado das Sociedades asistentes:
CÍRCULO MERCANTIL-CLUB DE CAMPO DE FERROL
CÍRCULO MERCANTIL DE VIGO
CLUB ARTÍSTICO DE RIBADAVIA
CASINO MERCANTIL DE PONTEVEDRA
SPORTING CLUB CASINO DE A CORUÑA
CASINO DE CARBALLO
CÍRCULO RECREATIVO SAVIÑAO
CASINO DE CARBALLIÑO
LICEO DE OURENSE
SOCIEDAD O CASTRO DE MIÑO
A seguir a crónica en fotos dos liceistas feitas por Xaime Salcedo -Conserxe do Liceo-.

Saudos a todos.