miércoles, 13 de octubre de 2010

EXCURSION O ALTO MINHO PORTUGUES



Iniciamos o Curso da Sección de Arte e Historia, e o período de Excursións con unha programada para o Minho Portugues, para visitar as ribeiras do pai Miño. O día resultou frío, choveu todo o que quixo, e rematamos case que con temporal. Pero coma sempre fixemos do mal tempo boa cara, e tiramos de amizade e convivencia para pasalo ben e disfrutar coma se nada.
A nosa primeria parada foi en Melgaço, moi pretiño da fronteira con España, por Puentebarxas. Ademáis de tomar un café vimos a "Igrejia da Misericordia", e a Torre da Homenaxe


A nosa seguinte parada fo en Monçao, para dar un paseo polo seu casco histórico, eiquí a chovia deunos unha tregua.





A ultima visita da maña tivemola o Mosteiro de Ganfein, onde na súa igrexia tivemos a Misa. Aí rematamos a maña para ir a comer o Restaurante O Cocinheiro, onde nos deron un bó bacalao, e disfrutamos dun bon xantar.


O certo é que para a tarde tiñamos previsto achegarnos ata VILA NOVA DE CERVEIRA e CAMINHA, pero o día xa non no lo permitiu, e quedan esta visitas para próximas excursións, que as habrá a Portugal.

No hay comentarios: