lunes, 25 de febrero de 2008

Cronica dunha viaxe a Peninsula do Morrazo


Nove e media da maña dun domingo chuvioso, propio da nosa Galicia, arrincamos oitenta liceistas cara a ría de Vigo, a primeira parada "Colegiata de Cangas", é a gran xoya artística do Municipio de Cangas. A maior parte da sua construcción data do século XVI, ainda que se cree que o primitivo templo remontase ao menos un século máis atrás. Durante casi 500 anos viviuo modificacións e aportacións de cada época e estilo.
Tempo para repoñer forzas, de camiño de Cabo do Home, un deses espacios de Galicia, con encanto feiticeiro, onde se acaba o mundo, segue a choiva, que fai do lugar aínda máis misterioso.























Volta a sobre os nosos pasos, e chegamos a Hío, o primeiro que atopamos e O Cruceiro de Hío unha das grandes maravillas do patrimonio etnográfico de Galicia. Está tallado casi na sua totalidade en un so bloque de granito polo maestro Cerviño no ano 1872. Na propia igrexía Parroquial celebramos a Misa, e logo a repor forzas no Restaurante Pereiro, onde comemos moito, e ben.

















Pola tarde, viaxamos ata Marín, onde moi amablemente no atenderon na Escola Naval Militar, cunha visita moi interesante, especialmente detacable é o pequeno Museo. Una anaco de tempo para pasear por Marín e tomar un café, xa sin choiva, e volta para Ourense. Un día moi aproveitado, feliz, onde a familia liceista volveu a demostrar a amizade, e as ganas de conocer a nosa terra, para defendela e coidala.



No hay comentarios: