miércoles, 28 de noviembre de 2007

VI ANIVERSARIO DA SECCIÓN DE LITERATURA

  • A Sección de Literatura do Liceo de Ourense, celebrou por todo o alto o seu VI Aniversario, nun acto con máis de un centenar de amigos da Sección, no Salón Noble da Entidade.

  • O acto iniciouse coa presentación do mesmo polo Presidente do Liceo, quen fixo historia da Sección, indicando que xa nos inicios da Entidade se creou a Sección de Declamación, que podería a precursora da actual. Manifiestou o Presidente a pluralidade da Sección, e o agradecemento a todos cantos formaron parte da Comisión que direxe a sua programación como o propio Director, Marcos Valcarcel, ou Delfín Caseiro, Isabel García, Teresa Devesa e Loli Conde.

  • Logo foi o turno do Director, que impartiu unha Confererencia titulada "O pobo galego nunca parou de cantar :revirivoltas sobre a nosa Literatura Popular". A charla que resultou moi divertida, explicou a coplas que fixeron que dende esa literatura oral popular, chegasemos a literatura actual, con coplas sobre o amor e algunha dun tono erótico.

  • Despóis diso foi o turno dun Recital poetico-musical, coa participación de tres Profesores de Música de Allariz, e a intenvención das recitadoras xa habituais, Teresa Devesa e Loli Conde.

  • Para rematar, coma calquera festa que se precie, despois de literatura, poesía e música, chegou o momento do agasallo e do pan e o viño.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Noraboa polo acto e polo aniversario