Na tardiña deste xoves, 3 de decembro, presentamos na Aula de Cultura do Liceo a nova Novela de Suso de Toro "Sete Palabras" editada por Xerais. O acto iniciuono Xan Foseca, directivo do Liceo, cunha intervención coloquial pero rigurosa, quén fixo una loubanza de Manolo Bragado e Suso de Toro, acompañantes na mesa.
Nun diálogo entre Bragado e Suso no que o editor preguntou o que quixo (ben preguntado) e o escritor respondeu o que lle pareceou (ben respondido), foron debullando o porque e o qué da novela "Sete palabras". O remate esa conversa convertiuse nunha verdadeira e altísma lección de literatura. Unhas intervencións cargadas de sinceridade, nas que ademáis de presentar o traballo feito, disfrutamos da palabra de duas das grandes personalidades da nosa Cultura.
Sete Palabras: Esta nova novela de Suso de Toro tómanos da man desde o comezo e fai que, empurrados pola intriga e pola emoción da súa lectura engaiolante, acompañemos ao protagonista nunha estraña viaxe cara á orixe para desvelar as claves da identidade persoal. Este relato é unha investigación radical e íntima, unha historia de familia, un retrato particular e colectivo dos humildes onde se acrisolan os diferentes xéneros literarios para achegarnos a esencia da vida. O autor fainos pasar da reflexión ao sorriso, con bravura e con tenrura, atopando nas experiencias da pobreza e da vida máis humilde as referencias primeiras que fundan a cultura occidental. Os lectores e lectoras agardan que Suso de Toro corra riscos con cada libro e afronte novos desafíos estéticos e temáticos. Esta novela sorprendente non defrauda estas expectativas xa que Suso de Toro, como fixera en Polaroid, Tic-Tac ou Trece badaladas, traza unha nova fronteira literaria..
No hay comentarios:
Publicar un comentario