viernes, 31 de octubre de 2008

CRONICA DUNHA VISITA A COMARCA DE MONTERREI

A Sección de Arte e Historia do Liceo de Ourense prosegue no seu empeño de coñecer todo o arte de nosa Provincia. Nunha tarde de outono que amenazaba frío e choiva, pero que nos respetaron, milagrosamente, todas as visitas, encamiñamos os nosos pasos hacía a Comarca de Monterrei para visitar tres Igrexas dun valor artístico impresionante, a vez que descoñecido para case que todos os compoñentes desta viaxe.
Comenzamos pola Igrexa de San Pedro de Flariz.


A súa torre divisase dende varios kilometros a redonda, levantada sobre una planta de cruz latina sorpende o visitante.









Atentos coma sempre as explicacións do Director da Sección, D. Miguel Ángel González García.



A seguinte parada Santa María de Medeiros.





















Por último San Salvador de Vilamaior da Xironda, impresionante retablo barroco.






























































lunes, 20 de octubre de 2008

VI ENCONTRO DE ESCRITORES OURENSÁNS






























CRONICA DA XORNADA
AS UVAS NA SOLAINA
BREVÍSIMA CRÓNICA URXENTE E, POR ISO, POUCO ORIXINAL E ABONDO SUPERFICIAL, ADEMAIS DE PORQUE ESTE CORRESPONSAL NUNCA TOMA NOTASpor Corresponsal (un amigo desta casa). Fotos de Pepe Trebolle.Onte, venres día 17 de outubro, celebrouse no Liceo ourensán dous actos arredor da vida e obra de Curros Enríquez, mercé á recoñecida capacidade de Marcos Valcárcel para convocar a escritores e investigadores de toda Galicia. Neste caso de escritores e investigadores ourensáns cuxa maioría vive fóra de Ourense pero que gardan fidelidade ás raíces.A Mesa Redonda foi convencional no seu formato, pero non por iso exenta de interese. ANTONIO PIÑEIRO, demasiado prolixo, expuxo novos datos familiares. SERAFÍN ALONSO PINTOS fixo unha correcta intervención contextualizando a obra de Curros dentro do Rexurdimento. Pola súa banda, AFONSO VÁZQUEZ-MONXARDÍN fixo unha moi amena e rigorosa exposición sobre a importancia das cidades da Coruña e Ourense na vida e obra do celanovés, adubiada de anécdotas significativas que cativaron o público.A Cea Coloquio foi do máis orixinal. Despois dun refrixerio modesto pero acaído para a ocasión, tomaron a palabra catro grandes escritores ourensáns nun ambiente distendido pero atento.O narrador BIEITO IGLESIAS, autodefiníndose ironicamente como “artista de variedades”, disertou sobre ‘‘Lingua e estilo en Manuel Curros Enríquez’’: o que nun principio comezou como unha introdución erudita á lingua e estilo, derivou nunha vizosa intervención sobre o galego popular ourensán que fixo as delicias dos asistentes.O narador, poeta e dramaturgo MANUEL GUEDE OLIVA, baixo o título‘‘O meu Curros Enríquez’’, fixo unha personalísima disertación sobre a pegada do poeta na súa formación teatral, desde os tempos de Histrión 70 e a Agrupación Cultural Auriense até o Centro Dramático Galego, na que ecoou o ambiente político e cultural de mediados dos anos setenta.O narrador, poeta e ensaísta FRANCISCO X. FERNÁNDEZ NAVAL introduciuse no enigma do ‘‘Curros protestante’’, achegando hipóteses suxestivas sobre a prensenza do evanxelismo na súa vida e obra, subliñando tamén a influenza de Curros na súa formación poética e ideolóxica: “Curros ten varios poemas imprescindibles para min”, afirmou.O poeta LUÍS GONZÁLEZ TOSAR, declarándose currosián até a médula, abordou outro dos enigmas: “A Masoneria en Manuel Curros Enríquez’’, nunha intervención ben documentada e mellor artellada na que non faltou un arriscado anacronismo: “Curros sería un bolxevique se vivise na Rusia de 1917”.JOSÉ MARÍA PÉREZ ÁLVAREZ (CHESI) tivo que ausentarse urxentemente e non puido intervir. Ao remate do acto, algúns dos interviñentes e do público foron tomar uns cafés e, baixo a invocación da lira do celanovés, a arranxar este mundo que anda tan desarranxado.

jueves, 9 de octubre de 2008

EXCURSIÓN CULTURAL A BARCELOS Y ESPOSENDE


Como ya es tradicional El Liceo de Ourense abre sus actividades sociales con una Excursión Cultural, en este caso, aproximadamente 100 liceistas encaminanos nuestros pasos hacía Barcelos y Esposende en el norte de Portugal. Con una metereología maravillosa que nos acompañó durante todo el día visitamos la Ciudad de Barcelos, en donde comimos un bacalo delicioso, para dirigirnos después hacía esposende en donde nuestra primera parada fué el Castro de San Lourenzo, con unas vistas espectaculares de la ciudad y ría de Esposende.

En el Castro de San Lourenzo encontramos algún "romano" perdido en el tiempo.













En Esposende visitamos la Iglesia da Misericórdia y la Iglesia Matriz, antes de regresar a Ourense.
En definitiva un día llego de alegría, con algún pequeño susto sin importancia, que nos hizo reforzarnos en la buena armonía de los componentes de estas Excursiones sociales.