O pasado día 11 de decembro, a Sección de Literatura de Liceo volveu a convocar unha nova edición do Roteiro Literario da Esmorga, con un bo éxito de participación, aorredor de oitenta esmorgantes, na maioría alumnas e alumnos do Instituto Blanco Amor e da Universidade, feito que nos dá moita ledicia. Antes de comenzar na Avda. de Zamora, lugar habitual de inicio, tamén quixemos ter un recordo especial para o Director da Sección de Literatura do Liceo, MARCOS VALCARCEL, que por razóns de enfermidade lle impidiron acompañarnos, dende eiquí o noso agarimo e amizade, para o verdadeiro impulsor deste Roteiro, Marcos, coma noutros moitisimos casos foi i é o dinamizador de actividades coma esta, que han facer perdudar aquel eslogan de Ferrín: Ourense Universo Literario.
Neste ano en que se cumple o cincuenta aniversario da primeira publicación da “Esmorga”, xa está dito todo, cun programa moi ambicioso dende a Concellería de Cultura estase a celebrar unha chea de actividades que serven para recodar e resalzar a figura do noso escritor D. Eduardo Blanco Amor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario