lunes, 11 de mayo de 2009

VISITA DE ARTE O CONCELLO DE COLES





Como xa empeza a ser habitual o Grupo de Arte e Historia do Liceo de Ourense continua a súa teima de coñecer e valorar o noso Patrimonio Cultural, neste caso nas marxes dereitas do Río Miño, visitando parte Coles e da Peroxa. Na foto o Grupo diante do Pazo de Fonte Fiz.





A primeria parada levounos ata a Igrexia de San Miguel de Melias en Barra de Miño, acompañounos e explicou o seu Párroco D. Agustín.
















A segunda etapa paraba en Vilarrubin da Peroxa. Por alí nos recibiu D. Eusaquio, ben conocido par moitos dos visitantes.
























































Terceira visita a Igrexia Románica de Albán de Coles, tamén o noso agradecemento a D. Rafael, Parroco de Albán e Barra.






































































Cuarta estación, a Igrexa de Barra, onde destacamos un pequeno retablo do gran escultor Baltar, nado por estas terras.

































































































A última visita foi o Pazo de Fonte Fiz, onde os amigos Sarin e Daniel nos deron unha ampla e acertada explicación do Pazo e das tareas de recuperación de gando autóctono que nesas instalacións levan a cabo.






















































































Detacable é a pequeniña Capela do Pazo.
















Rematamos a tarde no restaurante "Rancho Juancho", cunha merenda suculenta e moi rica. Queremos agradecer a todos os que fixeron posible esta Excursión a súa dedicación e as súas atencións. Una xornada máis de ledicia para ampliar os nosos coñecementos e reivindicar o noso Patrimonio.

PREMIO AELG A SECCIÓN DE LITERATURA




A Asociación de Escritores en Lingua Galega A.E.L.G., entrogou o pasado sábado 9 de maio en Santiago de Compostela os seus premios anuais. A Sección de Literatura do Liceo de Ourense foi premiada con "Premio AELG para Institucións", e dende este blog lles damos a gracias a todos os compoñentes. O Premio recolleuno Marcos Valcárcel Director da Sección xunto con José Luis Troitiña, Xerente do Liceo.






O noso Director tamén estivo premiado na Categoria de "Mellor Blog Literario", noraboa para Marcos por partida doble.
O resto dos premiados foron
Ensaio: Miguel Anxo Murado, pola súa obra Fin de século en Palestina (Galaxia)

Literatura Infantil e Xuvenil: Xavier P. DoCampo, pola súa obra O libro das viaxes imaxinarias (Edicións Xerais de Galicia)
Poesía: Xulio L. Valcárcel, pola súa obra A melancolía dos corpos(Ediciones de la Sociedad de Cultura Valle-Inclán)
Narrativa: Inma López Silva, pola súa obra Memoria de cidades sen luz (Galaxia)
Tradución: Gonzalo Navaza, pola tradución da obra As flores do mal, de Charles Baudelaire (Galaxia)
Teatro: Teresa Moure, pola súa obra Unha primavera para Aldara (Deputación Provincial de A Coruña)
Mellor traxectoria xornalística: Ana Romaní
Blog Literario: Marcos Valcárcel, polo seu blog As uvas na solaina
Institucións: Sección de Literatura do Liceo de Ourense
Escritora Galega Universal: Elena Poniatowska.

lunes, 4 de mayo de 2009

PRESENTACION LIBRO DE JOSÉ FCO. FERNANDEZ NAVAL



O pasado venres, presentouse na Aula de Cultura do Liceo de Ourense, o último libro de José Fco. Fernández Naval (Chisco), "Para seguir bailando". O acto contou coa participación de Anxéles Cuña, que fixo una disertación de "dezasete minutos" esplendidos de literatura. Xavier Paz, da libreria Torga, Manuel Bragado e o propio Autor que "dedicou" o acto a Marcos Valcárcel.





"Para seguir bailando". Dez magníficos relatos constitúen este novo libro de Francisco X. Fernández Naval, que abre con “Noite de pallabarro”, a descuberta adolescente dunha realidade calada, silenciada, que alentaba e confundía un tempo sen memoria histórica; e que pecha con “Para seguir bailando”, un relato que amosa a condición fantástica do cotián nun xogo de múltiples caras, coma o espello de Rafael Dieste, como o reflectir dos cristais do espello. Entre medias, hai oito relatos que fixan os temas das obsesións persoais do autor: o abandono do medio rural, a inxustiza e a corrupción, o abuso exercido sobre a muller e o seu dereito a decidir sobre a súa vida e o seu corpo, o asombroso territorio da sombra ou a reflexión sobre a violencia. Algúns conectan directamente con obras anteriores de Naval pero, en definitiva, o que amosa este libro é a dimensión do ser humano que protagoniza unha existencia normal na que, ás veces, interfire o fantástico ou o azaroso, e sempre, por riba de calquera outra consideración, a certeza de que debemos seguir bailando neste xogo da vida que é, en definitiva, o máis firme valor que posuímos.

lunes, 27 de abril de 2009

VISITA CULTURAL A VALDEORRAS


Una vez máis a Sección de Arte e Historia do Liceo dedicou unha xornada para coñecer o noso Patrimonio, seguramente, non hai outro grupo que teña percorrido tanto a nosa xeografía na procura de novos coñecementos, e en agrandar a amizade. Nesta ocasión este grupo de liceistas viaxou ata Valdeorras. O certo e que nun día que amenazaba auga e frío, tivemos todo o contrario, día craro e en moitas ocasións sol e calor. Tamén destacar que algunas das cousas que hoxe vimos, se non fose co Liceo sería moi complicado poder disfrutalas, como xa empezamos a decir, O Liceo (os poderes do Liceo) fan que teñamos as chaves de moitos destes sitios.



A primeira parada na Igrexa Parroquial de Montefurado.


























































































A continuación camiñamos ata a Rúa, primeiro comenzamos por Petín para subir ata Santa María de Mones. Enclavada nun espacio espectacular, con vistas hacía o Río Sil e o Val de A Rúa. Queremos darlle as gracias a Don Serverino, Párroco de Santa María e San Estbeban que nos atendeu moi amablemente durante toda a mañá.









































































A continuación visitamos San Esteban, Igrexia Parroquial de A Rúa, na "Rúa Vella".






















































Despois de comer na Rúa, por certo moi ben atentidos no Restaurante "A Lareira", a quenes lles damos as gracias por todas a súas boas atencións, diriximonos ata O Barco para visitar en primeiro lugar o entorno do Mosteiro e a Igrexia de Xagoaza.

Queremos tamén darlle as gracias o persoal de CEDIE, que nos abriron todas as portas, e podemos ver todo con detenemento. Reiteramos o noso agradecemento.





































































































































A visita do Pazo de O Castro, os xardíns da ‘‘Casa Grande de Viloria’’, e un paseo polo Malecón do Río Sil no Barco completaron un día feliz para todos. Reiteramos o noso agradecemento a todas aquelas persoas que fixeron posible toda esta Excursión.