Una vez máis a Sección de Arte e Historia do Liceo dedicou unha xornada para coñecer o noso Patrimonio, seguramente, non hai outro grupo que teña percorrido tanto a nosa xeografía na procura de novos coñecementos, e en agrandar a amizade. Nesta ocasión este grupo de liceistas viaxou ata Valdeorras. O certo e que nun día que amenazaba auga e frío, tivemos todo o contrario, día craro e en moitas ocasións sol e calor. Tamén destacar que algunas das cousas que hoxe vimos, se non fose co Liceo sería moi complicado poder disfrutalas, como xa empezamos a decir, O Liceo (os poderes do Liceo) fan que teñamos as chaves de moitos destes sitios.
A continuación camiñamos ata a Rúa, primeiro comenzamos por Petín para subir ata Santa María de Mones. Enclavada nun espacio espectacular, con vistas hacía o Río Sil e o Val de A Rúa. Queremos darlle as gracias a Don Serverino, Párroco de Santa María e San Estbeban que nos atendeu moi amablemente durante toda a mañá.
Despois de comer na Rúa, por certo moi ben atentidos no Restaurante "A Lareira", a quenes lles damos as gracias por todas a súas boas atencións, diriximonos ata O Barco para visitar en primeiro lugar o entorno do Mosteiro e a Igrexia de Xagoaza.
Queremos tamén darlle as gracias o persoal de CEDIE, que nos abriron todas as portas, e podemos ver todo con detenemento. Reiteramos o noso agradecemento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario