lunes, 3 de octubre de 2011

EXCURSION BOURO-XERÊS-BOTICAS




Arrincamos o Curso, e arrincamos as Excursión do Liceo e da Sección de Arte e Historia. Como xa ven sendo tradicional neste últimos anos a primeira das excursions é a Portugal para disfrutar da sua paisaxe e sobre todo do seu "bacallau". Pola estrada de une Ourense polo Lindoso e a fronteira da "Madalena" chegamos a Rendufe, para visitar o seu Mosteiro de San André, Mosteiro benedictino barroco.



























Por unas estradas bastante sinuosoas durante todo o día continuamos a nosa viaxe ata Bouro, para tomar un café e visitar esta pequena vila.
























A nosa seguinte parada levounos ata o Monasterio Benedictino de San Bento da Porta Aberta, uns dos Santuarios de más devoción e máis concurridos de Portugal, on celebramos a Misa.








































































Xa con unha chisca de fame diriximonos ata Caldas de Géres onde comemos un delicioso e abundante bacalaou na casa de Manuel no Restaurante "O Pimpâo", onde nos atenderos moi ben. O rematar a comida un pequenos paseo por Caldas de Gêres, esta pequena vila "balneario" situada en pleno Parque Nacional de Peneda-Gêres, moi pretiño de España, cruzando pola Fronteira de Portela do Home.








Xa para rematar o día por unhas carreteiras un tanto pesadas polas curvas, pero que sen dúbida permiten disfrutar dunhas paisaxes espectaculares regresamos xa por Chaves facendo una pequeniña parada en BOTICAS, para descansar e estirar as pernas.


En fin un día, se cadra un pouco cansado, pero precioso que ben mereceu a pena o esforzo, para disfrutar da palabra, da paisaxe, do bacalao, dos Santuarios, do Domingo, e sobre todo da amizade dos CEN liceistas que pasamos o día xuntos.

No hay comentarios: