jueves, 14 de octubre de 2010

JORNADAS CAPILLA DE LOS REMEDIOS-MIGUEL ANGEL GONZÁLEZ GARCÍA


Iniciamos onte pola tarde as Xornadas que a Sección de Arte e Historia do Liceo organiza para reivindicar a Capela dos Remedios. O pasado 28 de xullo despertábamonos coa triste noticia de que un incendio calcinaba a Capela dos Remedios.

Como ven sendo habitual a Sección de Arte e Historia do Liceo, no é allea ó que acontece na Ciudade, tanto para recordar os nosos personaxes máis ilustres como, i este é o caso, reivindicar o noso patrimonio. Polo tanto esta Sección convoca estas xornadas dedicadas a Capela dos Remedios con duas Conferencias, a primeira nesta tarde de D. Miguel Ángel González García, co título "La Capilla de los Remedios de Ourense: Memoria y Arte".

Miguel Angel fixo unha disertación, como nel é habitual, chea de contidos patrimoniais, culturais e incluso nostalxicos, que lle permitiron o numeroso público asistente coñecer e descubrir o valor desta Capela das beiras do río Miño e da Ponte Romana.













No hay comentarios: