EMOTIVO ACTO DE ENTREGA DAS MEDAIAS DE OURO A DON MANUEL GONZALEZ LOPEZ E DON MANUEL PEREIRA DOMINGUEZ.
Na tardiña do martes 25 de maio, enmarcado na Programación das Festas Socio tivo lugar una Acto dun alto contido liceísta, para entregar as Disticións acordadas pola Xunta Directiva do Liceo e ratificadas pola Asemblea da Entidade.
Entre as personalidades que asistiron o acto contase o Alcalde da Cidade D. Francisco Rodríguez, a Concelleira de Educación Ana Garrido, e os Socios de Honra D. Miguel Ángel González García, D. Amando Prada Castrillo, D. José Fernández e D. Alvaro Rodríguez Casasnovas.
Cun acto no que costou, en por momentos non se conseguiu, aguantar as emocións, o Presidente D. José Carlos Martínez-Pedrayo García (acompañadopolo Vicepresidente Francisco Novoa e polo Secretario Segismundo Bobillo) expuxo os motivos polos que lle foron concedidas as distincions a D. Manuel González López eD. Manuel Pereira Dominguez (anteriores Vicepresidente e Tesoreiro, respectivamente), recordando ademáis as súas esposas (falecidas as duas).
Emocionado recolleu a Medaia de Ouro D. Manuel González López, Directivo durante máis de cuarenta anos do Liceo, e Vicepresidente na última etapa.
Cunha aperta e bagoas nos ollos recibiu a Medaia de Ouro D. Manuel Pereira Domínguez, tamén Directivo durante máis de cuarenta anos do Liceo, e Tesoreiro na última etapa.
Tamen, en cumplido o acoradado en Xunta Directiva recibiron a Insignia de Ouro do Directivos saíntes na última Asemblea Xeral. Dña. Yolanda Grela Betoret e Don Julio Pérez Vázquez. (Tamén lle foi outorgada a D. Augusto Lòpez e a D. Fernando Roman que non poideron asisitir o acto.
Foto para a historia, Vicepresidente sainte (Manuel González) Vicepresidente entrante (Francisco Novoa.
Máis de douscentos liceístas encheron a Aula de Cultura para acompañar a estos queridismos directivos.
Graciñas a todos e Felicidades os homenaxeados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario