O pasado venres, día 30 de outubro, pechamos as Xornadas adicadas a lembranza de Manuel Chamoso Lamas, insigne defensor do patromino de Galicia, de Ourense e máis si cabe das Terras de Boborás e Carballiño.
O encargado de por o broche final foi o historiador e museologo Felipe-Senen López Gomez, cunha Conferencia titulada "Manuel Chamoso Lamas (1909-1985). Unha vida para a recuperación do patrimonio cultural".
Felipe-Senen fixo un repaso pola vida e as obras de Manuel Chamoso Lamas, falando da súa relación persoal. do que se pode considerar herdeiro e discipulo, unha disertación ben amena e rigurosa que nos permitiu coñecer máis afondo a este fillo de Moldes.
A Conferencia estivo apoiada por una pequena pero ben composta Exposición Bio-Bibliográfica preparada e artellada polo directivo do Liceo Segismundo Bobillo Morgade.
En fín unhas xornadas coas que a Sección de Arte e Historia do Liceo unha vez máis ademáis de dar a coñecer o noso Patromonio, recoñece e lembra a aquelas figuras e personalidades que nos antecederon e nos marcaron o camiño a seguir por todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario