VISITA CULTURAL A CARTELLE.
A Sección de Arte e Historia do Liceo de Ourense continua coa súa misión de percorrer a nosa Provincia e admirar o valor patromonial que temos. Neste día (25 de marzo) foi o turno dunha parte da Comarca de Cartelle a cabalo coa Merca.
A primeira parada o Santuario das Maravillas, onde unha desproporcionada "Cruz" avista case que todo o val ata Celanova.
Destacar de Santabaia de Anfeoz, este impresionante "Peto de Ánimas", de cultura popular moi raramente atopado e cunha significación moi interesante.
Por último, no que se refire a Arte eclesiastico, chegamos ata a Igrexia Barroca de Santa María de Mundil.
Finalizamos a Excursión na Merca, para visitar o "Conxunto etnográfico de canastros" e o proxecto de "Museo etnográfico" que está a preparar o Ramón do "Mesón do lagrego", a quen animamos a que siga con esa misión, por certo onde merendamos de maneira "Rica. Rica. Rica."
En fin unha tarde destas que a Sección de Arte e Historia do Liceo adica a coñecer o noso Patrimonio, polo en valor, e a disfrutar da amizade de todos os que compoñenen este maravillo grupo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario