Os compoñentes da Sección de Arte e Historia, nese afán xa permanente de coñecer e valorar o Patrimonio da nosa Provincia, voltamos despois de uns cantos anos a Montederramo, para visitar e celebrar a festa da recuperación do Retablo Maior e o Coro do Mosteiro de Montederramo.
Unha recuperación que segue en marcha, e que permite cambiar o aspecto desta maravilla, como se pode comprobar nas fotos antigas que permanecen expostas no propio mosteiro.
Claustro exterior do Mosterio, verdadera xoya arquitectonica.
Aproveitando a ocasión de ir ata Montederramo, visitamos a Igrexia de Gabin, aínda que menores en apariencia, a Sección de Arte e Historia do Liceo quere reivindicar e por en valor monumentos os que practicamente nadie acude.
Pra rematar a tarde, un dises sitios agochados, en camiños ou estradas perdidas, como este Cruceiro de Marrubio, felizmente restaurado.
Rematou a tarde coa visita a Igrexia de Santiago da Medorra, e unha merenda no Alto do Couso, unha tarde cultural, descubrindo o Patrimonio da nosa Provincia.
1 comentario:
congratulations. It 'a very good blog
Publicar un comentario