martes, 11 de marzo de 2008

Xornada adicada a Curros

A Sección de Literatura do Liceo de Ourense organiza hoxe unha Xornada adicada á memoria de Manuel Curros Enríquez no I Centenario do seu pasamento, co seguiente programa:
12.00 horas. Colexio Curros Enríquez Ofrenda floral e Recital diante da Estatua do Poeta polos Alumnos do Colexio. Intervención de Marcos Valcárcel.

20.15 horas. Salón Noble, Liceo de Ourense. Mesa Redonda ‘‘Vida e obra de Curros Enríquez’’ Interveñen: Xesús Alonso Montero;Antonio Piñeiro;Marcos Valcárcel.

O acto da mañá, sinxelo pero moi interesante, sobre todo pola atención dos rapaciños do Colexio Curros Enríquez, a quenes lle agradecemos a sua voa disposición e tamen os Profesores e Director do Centro.
Empezou con un pequeno recital de varios dos alumnos de 5º e 6º, logo fixo unha intervención o Director da Sección de Literatura do Liceo, Marcos Valcárcel, quen fixo un recorrido pola vida de Curros Enríque, breve como correspondía pero moi acertada. Rematou o acto con unha ofrenda froral polos propios alumnos e a intervención do Delegado de Educación Gonzalo Sueiro.
























No hay comentarios: