miércoles, 30 de enero de 2008

MANOLO RIVAS NOS ENCONTROS LITERARIOS



Artigo de Marcos Valcarcel, na seu blog: http://www.asuvasnasolaina.blogspot.com/


Concordo co dito máis abaixo por Etxe. Escoitei falar bastantes veces a Manuel Rivas, pero nunca como onte. O Liceo a rebosar: 246 persoas, contadas (dende enriba, por min). Público diverso, dende alumnos de Institutos a persoas moi maiores, diverso en ideoloxías e sensibilidades. Trala miña presentación, Rivas falou uns tres cuartos de hora (8,3o a 9,15) lendo e comentando dous relatos-memoria: un sobre a súa nai, outro sobre o seu pai. Co do seu pai xa se notaba un in crescendo de entusiasmo na sala. Pensamos que acababa pero Rivas emocionouse e tirou para diante (eu non teño présa, vostedes verán): xa sen papeis, só unhas notas con tres ou catro nomes soltos (Chao de Felisa, Reimundo Patiño, Rodríguez Pampín, etc.), o escritor abriu a caixa dos soños e da infancia e embalouse. Falou sen parar ata as 10,5 horas. Case ninguén se levantou. Xa non podía haber coloquio: tal era a tensión da sala, calquera intervención rebaixaría aquilo que, dixen eu ó remate, non era unha conferencia, senón outra cousa. Un xénero superior, habería que buscarlle nome: un anaco de vida transformado en literatura. Por sorte, os que non asistiron, poderán escoitala dende mañá na web do Liceo.

No hay comentarios: