jueves, 28 de mayo de 2009

ENTREGA PREMIOS XOGOS SOCIAIS 2009

O pasado lúns día 25 de maio, iniciando as Festas do Socio da Entidade liceista, entregaronse os Premios os gañadores dos Xogos Sociais 2008-2009. Enhoraboa a todos os premiados.

Luciano López Cid, Subcampeon e Chinchón Individual. Campeón de Dominó. Campeón de Parchis. 2º Clasificado Maratón de Chinchón.





Nati Orozco. Campeona de Chichón Individual.




Daniel Piñeiro, Subcampeón de Escoba Individual.




Manuel Quintela, Campeón de Escoba Individual.





Luis Fernández, Subcampeón de Tute Individual.






Manuel Quintela Campeón de Tute Individual.








Berta Lorenzo e Manuel Vázquez, Subcampeóns de Chinchón parexas.








Rosa E. Redonet e Mª José Hermida, Campeonas de Chinchón parexas.








Paz Baltar e Mely González, Subcampeonas de Escoba parexas.










Mª Carmen Gil y José Luis Valcárcel, Campeóns de Escoba parexas.











Manuel Calviño y Manuel Quintela, Subcampeóns de Tute parexas.











María González Chus Cisneros , Campeonas de Tute parexas.













Benito López y Florentino Rguez Rúa, Subcampeóns de Dominó.

















Manuel Vázquez e Luciano López, Campeóns de Dominó.















Rosa E. Redonet e Mª José Hermida, Subcampeonas de Parchis.
















Elena Blanco e Luciano López Campeóns de Parchis.

Elena Blanco Campeona do Maratón de Chinchón Individual.













Mª Carme Oria, 3ª Clasificada do Maratón de Chinchón Individual.














lunes, 25 de mayo de 2009

IV CONFERENCIA VISIÓNS DE GALICICA

Chegamos o final da sétima edición do Ciclo "Visións de Galicia" adicado a Ramón Piñeiro e o Grupo Galaxia, coa Conferencia de Henrique Monteagudo que falaou do "Perfíl intelectual de Carballo Calero". Unha intervención chea de matices e na que reinvindicou o papel de D. Ricardo nesa etapa dos anos 50 os 70, nos que os seus protagonistas construiron o Pais que hoxe nos toca vivir, afortunadamente eles estaban presentes para nos ter o que temos hoxe. Un Ciclo completo, moi interesante en todas a súas intervencións. Incorporamos a disertación de Henrique Monteagudo a este arquivo sonoro.

miércoles, 20 de mayo de 2009

III CONFERENCIA DO CICLO VISIÓNS DE GALICIA

Terceira intervención no VII Ciclo de Visións de Galicia, "Piñeiro e o Grupo Galaxia" de Manuel González González, catedrático de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago e, actualmente, director do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Manuel González fixo una esplendida disertación sobre a "vida" de Ramón Piñeiro, afondando na súa excepcional labor como linguista e defensor da lingua do noso País.

martes, 19 de mayo de 2009

CICLO VISIÓNS DE GALICIA II

Segunda Confencia do VII Ciclo de "Visións de Galicia" adicado a Ramón Piñeio e o Grupo Galaxia, onte foi o turno de Carlos Fernández, quen deu unha auténtica lección maxistral sobre o Ensaismo na Xeración Galaxia, disertou dunha maneira amena, directa, clara e concesia sobre a saudade de Ramón Piñeiro, Illa Couto e Celestino Fernández de la Vega. Merece a pena escoitala os que se perderon a oportunidade de facelo en directo na propia Sala do Liceo.

lunes, 18 de mayo de 2009

CICLO VISIÓNS DE GALICIA (I)

Comenzou o VIII Ciclo de Visións de Galicia cunha extraordinaria Conferencia de Victor F. Freixanes, quen disertou sobre a personalidade de Francisco Fernández del Riego, e aproveitou tamén para falar de Illa Couto e Ramón Piñeiro. Podese escoitar integra a súa intervención.

martes, 12 de mayo de 2009

CONFERENCIA DE MIGUEL ANGEL GONZALEZ GARCÍA


Extraordinaria Confencia a pronunciada onte por D. Miguel Angel González García, Director da Sección de Arte e Historia do Liceo, co título "Aspectos de la Beneficiencia en el Ourense del Siglo XIX". Fixo un repaso por todas as institucións que cumpriron o papel de axudar os que non podían, nun tempo moito máis complicado que o é hoxe, facendo especial incapé no Hospital de San Roque, ubicado onde hoxe está o edificio de Correos. Unha Conferencia amena e rigurosa, reivindicando o papel da igrexia nuns tempos especialmente difíciles.

A presentación correu a cargo do Vicepresidente do Liceo, D. Manuel González López, de maneira moi agarimosa e especialmente sentida, donde repasou, ademáis, de maneira moi sucinta a historia da "Cruz Roja", que el tan ben coñece.

lunes, 11 de mayo de 2009

VISITA DE ARTE O CONCELLO DE COLES





Como xa empeza a ser habitual o Grupo de Arte e Historia do Liceo de Ourense continua a súa teima de coñecer e valorar o noso Patrimonio Cultural, neste caso nas marxes dereitas do Río Miño, visitando parte Coles e da Peroxa. Na foto o Grupo diante do Pazo de Fonte Fiz.





A primeria parada levounos ata a Igrexia de San Miguel de Melias en Barra de Miño, acompañounos e explicou o seu Párroco D. Agustín.
















A segunda etapa paraba en Vilarrubin da Peroxa. Por alí nos recibiu D. Eusaquio, ben conocido par moitos dos visitantes.
























































Terceira visita a Igrexia Románica de Albán de Coles, tamén o noso agradecemento a D. Rafael, Parroco de Albán e Barra.






































































Cuarta estación, a Igrexa de Barra, onde destacamos un pequeno retablo do gran escultor Baltar, nado por estas terras.

































































































A última visita foi o Pazo de Fonte Fiz, onde os amigos Sarin e Daniel nos deron unha ampla e acertada explicación do Pazo e das tareas de recuperación de gando autóctono que nesas instalacións levan a cabo.






















































































Detacable é a pequeniña Capela do Pazo.
















Rematamos a tarde no restaurante "Rancho Juancho", cunha merenda suculenta e moi rica. Queremos agradecer a todos os que fixeron posible esta Excursión a súa dedicación e as súas atencións. Una xornada máis de ledicia para ampliar os nosos coñecementos e reivindicar o noso Patrimonio.

PREMIO AELG A SECCIÓN DE LITERATURA




A Asociación de Escritores en Lingua Galega A.E.L.G., entrogou o pasado sábado 9 de maio en Santiago de Compostela os seus premios anuais. A Sección de Literatura do Liceo de Ourense foi premiada con "Premio AELG para Institucións", e dende este blog lles damos a gracias a todos os compoñentes. O Premio recolleuno Marcos Valcárcel Director da Sección xunto con José Luis Troitiña, Xerente do Liceo.






O noso Director tamén estivo premiado na Categoria de "Mellor Blog Literario", noraboa para Marcos por partida doble.
O resto dos premiados foron
Ensaio: Miguel Anxo Murado, pola súa obra Fin de século en Palestina (Galaxia)

Literatura Infantil e Xuvenil: Xavier P. DoCampo, pola súa obra O libro das viaxes imaxinarias (Edicións Xerais de Galicia)
Poesía: Xulio L. Valcárcel, pola súa obra A melancolía dos corpos(Ediciones de la Sociedad de Cultura Valle-Inclán)
Narrativa: Inma López Silva, pola súa obra Memoria de cidades sen luz (Galaxia)
Tradución: Gonzalo Navaza, pola tradución da obra As flores do mal, de Charles Baudelaire (Galaxia)
Teatro: Teresa Moure, pola súa obra Unha primavera para Aldara (Deputación Provincial de A Coruña)
Mellor traxectoria xornalística: Ana Romaní
Blog Literario: Marcos Valcárcel, polo seu blog As uvas na solaina
Institucións: Sección de Literatura do Liceo de Ourense
Escritora Galega Universal: Elena Poniatowska.

lunes, 4 de mayo de 2009

PRESENTACION LIBRO DE JOSÉ FCO. FERNANDEZ NAVAL



O pasado venres, presentouse na Aula de Cultura do Liceo de Ourense, o último libro de José Fco. Fernández Naval (Chisco), "Para seguir bailando". O acto contou coa participación de Anxéles Cuña, que fixo una disertación de "dezasete minutos" esplendidos de literatura. Xavier Paz, da libreria Torga, Manuel Bragado e o propio Autor que "dedicou" o acto a Marcos Valcárcel.





"Para seguir bailando". Dez magníficos relatos constitúen este novo libro de Francisco X. Fernández Naval, que abre con “Noite de pallabarro”, a descuberta adolescente dunha realidade calada, silenciada, que alentaba e confundía un tempo sen memoria histórica; e que pecha con “Para seguir bailando”, un relato que amosa a condición fantástica do cotián nun xogo de múltiples caras, coma o espello de Rafael Dieste, como o reflectir dos cristais do espello. Entre medias, hai oito relatos que fixan os temas das obsesións persoais do autor: o abandono do medio rural, a inxustiza e a corrupción, o abuso exercido sobre a muller e o seu dereito a decidir sobre a súa vida e o seu corpo, o asombroso territorio da sombra ou a reflexión sobre a violencia. Algúns conectan directamente con obras anteriores de Naval pero, en definitiva, o que amosa este libro é a dimensión do ser humano que protagoniza unha existencia normal na que, ás veces, interfire o fantástico ou o azaroso, e sempre, por riba de calquera outra consideración, a certeza de que debemos seguir bailando neste xogo da vida que é, en definitiva, o máis firme valor que posuímos.