lunes, 19 de abril de 2010

EXCURSION CULTURAL POR TERRAS DE TRIVES


A sección de Arte e Historia do Liceo de Ourense e o seu Director - Miguel Ángel González García- segue no empeño de darnos a coñecer a todos os liceístas todo o rico patrimonio cultural da nosa Diocésis auriense. Neste caso foron as Terras de Trives o noso destino dun sábado, 17 de abril de 2010, no que disfrutamos dunha esquina da nosa Provincia, pouco coñecida nalgúns casos, e na que visitamos paisaxes polos que seguramente a maioria dos que ala fumos nesta ocasión nunca foramos.



Este foi o noso Programa:

Iglesia de Medos.

Iglesia de San Xoan de Seoane de Argas.

Iglesia de San Silvestre de Argas.

Iglesia Barroca de Santa María Castrelo de Caldelas.

Iglesia Barroca de San Xoan de Río.




































Almorzo na Casa Rural de San Lorenzo en Trives.
Onde nos deron moi ben e rico de comer (Callos e cabrito)






























Centro de Interpretación Histórico Cultural Santa Leonor. As Terras de Trives.
Gracias a Matilde por doas as súas atencións.






















Rematamos Iglesia Románica del Monasterio de Sobrado de Trives.

martes, 13 de abril de 2010

HOMENAXE O VOLTER - TABERNA O TUCHO


Organizado pola Fundación Carlos Casares, a Fundación Risco e o Penclube, en colaboración entre otras Entidades co Liceo de Ourense, organizouse o pasado venres unha xornada de homenaxe a O Volter - Taberna O Tucho. Ei vai unha selección de fotos.
Máis información en










































































































































































































































































































O pasado venres 9 de abril a Fundación Carlos Casares, o Centro PEN Galicia e a Fundación Vicente Risco organizaron, coa colaboración do Liceo, Concello e Deputación de Ourense, unha xornada de homenaxe ao Volter / Taberna O’Tucho.
O programa comezou ás 18 horas no mural de Faílde, na rúa dos Remedios, ás 18 horas, coas verbas de Afonso Vázquez-Monxardín, coordinador do evento, e a escenificación do relato “O Suso” de X. L. Méndez Ferrín(O crepúsculo e as formigas, 1961) a cargo de tres actores da Escola Municipal de Teatro, dependente da Concellería de Educación.
Acto seguido iniciouse un roteiro que percorreu varios espazos do Ourense perdurable, marcado hoxe por obras de artistas do grupo do Volter: o primeiro foi unha lembranza do chalé Losada, espazo actualmente ocupado polo edificio Galerías Viacambre, facendo alto nos releves de Manuel Buciños; a segunda parada foi a entrada ás Galerías Paseo, onde están as obras de Acisclo Manzano e onde estaba situada a sala de festas Auria; a terceira foi ao final da rúa do Paseo, na entrada dos xardíns do Padre Feixóo, ao pé da escultura do Moucho e do Fauno deXaime Quesada. Alí, os integrantes da Escola Municipal de Teatro representaron unha escena disfrazados de faunos e musas, que conduciron aos máis de 60 espectadores ao seguinte espazo do roteiro, a Casa de María Andrea na praza do Eirociño dos Cabaleiros.
A Casa de María Andrea engalanouse para a ocasión, con dúas grandes lonas con representacións gráficas de obras dos artistas do Volter cedidas pola Concellería de Cultura. Neste lugar, ás 19 horas, desenvolveuse a lectura, a cargo de Delfín Caseiro, dalgúns dos poemas plasmados nas pinturas murais do Volter na década dos anos 60 e 70, irremediablemente perdidas. O acto estivo musicado pola violonchelista Susana Blanco Novoa.

O último punto do programa foi unha tertulia aberta no Liceo de Ourense mantida polo escultor Acisclo Manzano; o presidente do Centro PEN Galicia, Luís González Tosar;J. Alberto Almeida Rebollo, autor do libro O Volter. Fragmentos para a memoria; Vicente Fontenla Taboada, fillo de Vicente Tucho Fontenla, e outros convidados repartidos nas mesas do salón entre o numeroso público asistinte, moderados por Afonso Vázquez-Monxardín, coordinador do evento.
A memoria entrañable do Tucho, home dunha sobria elegancia e dunha xenerosidade sen límites, que chegou ata o punto de cambiar o nome da súa taberna por deferencia a uns artistas mozos, cheos de inquedanzas, uniu ao remate da tertulia a todo o público nun espontáneo brinde en honor do que fora o dono do Volter.

CONCERTO CORAL DO LICEO EN BANDE


Fantastico Concerto o ofrecido o pasado sábado pola Coral do Liceo na Igrexia de San Pedro de Bande, co repertorio de Musica Sacra. Na seguridade de non exaserar a Coral do Liceo e unha das mellores corais de Galicia interpretando polifónia sacra.
O noso agradecemento o Concello de Bande, a José Antonio, o seu alcalde, e a persoa encargada de Cultura, por todas a súas atencións.

Uns días antes a Coral ofreceu o mesmo Programa a todos os liceístas e ourensáns na Igrexia de Santa María Madre en Ourense.













MARATON DE CHINCHÓN


O pasado 27 de marzo, celebramos como ven sendo habitual o Maratón de Chinchón individual, que nos permite pasar unha tarde de sábado arredor dunha mesa de naipes, sobre todo para desfrutar da amizade.


CLASIFICACIÓN FINAL DO MARATON.
1.
Mª JOSÉ HERMIDA
2.
ROSA Mª LOPEZ
3.
MANUEL VÁZQUEZ
4.
ANA Mª OUTEIRIÑO
5.
CLAUDIO VÁZQUEZ
6.
PURA FUENTE
7.
Mª PILAR RODRIGUEZ
8.
Mª NIEVES PEREZ
9.
MELY GONZALEZ
10.
ELENA BLANCO
11.
DANIEL PIÑEIRO
12.
JOSE SEGADE
13.
RICARDO CRUZ
14.
Mª CARMEN ORIA
15.
PLACI VÁZQUEZ
16.
ANTONIO RIVERO MARTINEZ
17.
Mª CARMEN DASILVA
18.
ROSA E. REDONET
19.
BERTA LORENZO
20.
PAZ BALTAR
21.
CARMEN MIGUEZ
22.
Mª TERESA BLANCO
23.
MARIVÍ LOSADA
24.
ROCIO LÓPEZ
25.
EMILIO ARCAS
26.
MERCEDES SABAS
27.
Mª LUCILA PEREZ FDEZ.
28.
NIEVES PEREIRA
29.
PILAR PALACIOS
30.
MARINA SABUCEDO
31.
CELINA COLMENERO
32.
LUIS FERNÁNDEZ
33.
LUCIANO LOPEZ
34.
AVELINA CANCIO